jueves, 21 de octubre de 2010

World climatological map

 Neste mapa podemos diferenciar os distintos tipos de climas do mundo. Hai tres grandes tipos de climas, climas cálidos, climas temperados e climas fríos. Dentro dos climas cálidos diferencianse outros tres tipos, son o clima ecuatorial, o clima tropical e o clima desértico; dos climas temperados tamén se distinguen tres tipos que son o clima mediterráneo, o clima oceánico ou atlántico e o clima continental e por último os climas fríos, no que divide en dous tipos, o clima polar e o clima de alta montaña. Estos climas distribuense por todo o mundo, os climas cálidos concentránse principalmente na zona intertropicales, os climas temperados entre os trópicos e os círculos polares e os climas fríos dánse nas rexións polares e nas zonas de alta montaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario